domingo, 15 de diciembre de 2013

Solo tu y yo mi querido pasado

min | via Facebook

Calada trémula de veleno nocivo,
vento que leva rencor consigo,
no cumio do volcán ardeu a esperanza.

Aún có fume saíndo da boca miroume,
e a súa mirada atravesou carne e osos para doer.
Incrustou outra cicatriz no abrupto pasado,
e fixo chorar a miña parte máis débil.

Corrín lonxe da sombra tenebrosa,
escudeime no medo e pechei os ollos, 
pero unha pregunta avivou a chama.
¿Porque iba a calar ante semellante ser?

Armada con palabras premeditadas 
encareime a bestia ferida.
Díxenlle todo o que cargaba no meu lombo,
libreime dunha parte da carga, 
pero él non quixo escoitar.

Anos ausente, pasado esquecido,
mentres que no presente os actos pesan.
Podo negalo, podo ignoralo pero segue ahí.

Vai deteriorándose, 
perdéndose no banal paso do tempo,
o seu exterior empeza a semellarse ao interior.
Cae con lentitude pero cae para non levantarse.

Adeus te digo, adeus para que non volvas,
lee o que te poda escribir pero non respondas,
xa é tarde para perdoar.